Prenden lume a un camión de Urbaser e queiman oito colectores en Lugo

Huelga de la basura en Lugo, el 30 de junio
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 23 julio 2014 20:26
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos en Lugo, confirmou que a pasada noite resultou calcinada a cabina dun dos seus camións e que foron queimados oito colectores na cidade das Murallas, onde se cumpre a xornada 44 da folga de lixos.

   Fontes de Urbaser indicaron a Europa Press que o camión de recollida de lixo afectado estaba estacionado no aparcamento videovigilado que a concesionaria ten no municipio lucense de Vilalba. Resultou afectada a cabina do camión, que quedou inutilizado para varias semanas, segundo a estimación da empresa.

   Pola súa banda, a Garda Civil confirmou a Europa Press que ás 4.25 horas recibiron a alerta de que había un camión de recollida de vidro ardendo no polígono industrial de Vilalba, un lume que quedou extinguido ás 5.30 horas. Segundo as súas estimacións, o incendio sería provocado e non descartan que estea vinculado á folga de lixos.

   Ademais, durante a pasada noite resultaron queimados oito colectores, catro deles na rúa Rafael de Vega. Ante estes feitos, Urbaser lamentou que "se radicaliza" o conflito do lixo en Lugo, polo que reprobou estas actitudes e insiste en que "esta non é a vía" para conseguir nada". Ademais, Urbaser deposita no comité de folga a responsabilidade da situación actual, debido ao seu "bloqueo á proposta presentada polo mediador".

BRIGADAS DE REFORZO

   Os equipos de reforzo para a recollida de lixos traballan dende este martes en xornada diúrna e non pola noite "por razóns de seguridade", segundo expuxo o voceiro de Urbaser, Benito García, quen indicou que a concesionaria ten que recorrer a esta vía porque os traballadores "se negan a cumprir o servizos mínimos".

   Tras traballar durante toda a xornada do martes, as brigadas de reforzo, formadas por persoal alleo á contrata de Lugo, manteranse "de forma indefinida" e, segundo estimacións de Urbaser, recollen unha media de 65 toneladas cada día, entre as quendas de mañá e tarde.

   A iso habería que sumar os desperdicios que recollen os servizos mínimos, que segundo estimacións da concesionaria, se sitúan entre as 16 e as 20 toneladas, aparte do que retira Tragsa.

   Preocupa a situación sanitaria despois de 44 días de folga no servizo de limpeza e recollida de lixo na cidade ante o risco de proliferación de parasitos, insectos ou roedores.