O PSdeG asegura que a permanencia de Orozco "é incuestionable"

La secretaria de Organización del PSdeG, Pilar Cancela
Foto: EP/PSDEG-PSOE
Actualizado: martes, 26 mayo 2015 21:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 May. (EUROPA PRESS) -

   A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou este martes que a permanencia do alcalde de Lugo en funcións, Xosé López Orozco, é "incuestionable" e avalou tamén aos candidatos socialistas nas tres cidades da provincia da Coruña, Paco Reyes, Mar Barcón e Beatriz Sestayo, malia o "mal resultado sen paliativos" que obtiveron nestas eleccións municipais.

   Nunha comparecencia ante os medios no medio da reunión da executiva do partido a nivel autonómico, a número dous de José Ramón Gómez Besteiro asumiu que o PSOE "non" soubo "canalizar o descontento cidadán" coas maiorías absolutas do PP en Santiago, A Coruña e Ferrol e, polo tanto, non obtivo a representación que lle"gustaría" nesas tres casas do concello.

   (HABERÁ AMPLIACIÓN)