O PSOE rexeita negociar a reforma electoral "antidemocrática" do PP

Abel Caballero, miembro ejecutiva PSOE y alcalde de Vigo
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 20 agosto 2014 18:33
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Admite que "se"podería falar" pero só tras as municipais, sobre "un proxecto distinto" e con presenza de todos os grupos

   VIGO, 20 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O PSOE advertiu este mércores de que "non hai negociación posible" sobre a proposta de reforma electoral formulada polo PP, "nin agora nin nunca", xa que se trata dunha formulación "profundamente antidemocrática" dos populares, que pretenden "burlas as maiorías que dan ou negan os cidadáns", e "blindar" alcaldías "que van perder" nos próximos comicios municipais.

   Así o manifestou o alcalde de Vigo, vicepresidente da FEMP e membro da Executiva socialista, Abel Caballero, quen subliñou que o PP fixo esta formulación polo pésimo resultado obtido nas eleccións europeas". Ao seu xuízo, "o PP pretende cambiar as regras do xogo para manter alcaldías que os votos dos cidadáns lles van negar".

   A ese respecto, criticou que se poña sobre a mesa a reforma a poucos meses da convocatoria de eleccións municipais porque as previsións avanzan que o PP terá unha "importantísima caída". "Se o fan dende unha formulación democrática, ¿por que non o propuxeron hai un ano ou dous?", preguntou Caballero.

   "É unha proposta oportunista, e todo o mundo sabe que non se fai por interese democrático, senón por interese partidario do PP", abundou, ao tempo que insistiu en que este "gravísimo retroceso", ao PSOE, "non lle vale, nin antes nin despois".

NEGOCIACIÓN POSTELECTORAL

   O vicepresidente da FEMP e rexedor olívico recalcou que "antes de eleccións, non é momento de negociar nada". "E despois de eleccións, sobre un proxecto distinto, con presenza de todos os grupos do arco parlamentario, pódese falar", engadiu.

   Caballero advertiu de que a proposta do PP vai empeorar a situación dos municipios", e alertou da intención dos populares de utilizar a súa maioría no Congreso para "perpetrar un grave retroceso". "O sistema actual é máis democrático que o que pretende o PP", proclamou.

   Finalmente, recordou que os cambios no sistema democrático "sempre foron pactados, con sosego e tranquilidade", e que agora o PP só busca "mellorar as súas posibilidades de manter alcaldías". "¿ Como se entende que un 40 por cento sexa unha maioría absoluta? Mentres siga formulando esta reforma regresiva non hai negociación posible", sentenciou.