Rescatan a condutora dun vehículo que se precipitou na desembocadura do río Lagares

Actualizado: miércoles, 10 febrero 2016 18:45

VIGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

Efectivos de bombeiros de Vigo, Protección Civil, e Policía Local acudiron na tarde deste mércores ao rescate dunha muller, condutora dun vehículo que se precipitou ao río Lagares na zona da súa desembocadura, ao final da praia de Samil.

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 e de bombeiros, varios particulares alertaron sobre as 17.25 horas de que un coche se saíra da estrada e fora parar ao río.

Os bombeiros seguen traballando na zona cunha grúa para sacar o coche do río e apuntan a unha mancha de gasóleo na calzada como posible causa da saída de vía. Segundo estes efectivos, a condutora do vehículo puido saír deste e non presentaba, en aparencia, lesións de gravidade, aínda que foi atendida por unha ambulancia medicalizada.