Retiran un niño de avespas asiáticas localizado no interior dun poste eléctrico en Vigo

Ejemplar de avispa asiática, una especie invasora. Vespa Velutina
ANECPLA
Actualizado: jueves, 2 octubre 2014 12:17

VIGO, 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Local de Vigo retiraron un novo niño de avespas asiáticas ou avespas 'asasinas' --vespa velutina-- localizado no interior dun poste eléctrico de formigón da parroquia viguesa de Santo Andrés de Comesaña Andrés de Comesaña.

Tal e como informou a Policía Local, pouco despois das 12,30 horas deste mércores recibiuse un aviso pola localización dun posible enxame de avespas asiáticas nun poste eléctrico de Pedra Branca-Monte do Castro.

Unha dotación da Unidade Ambiental de Intervención Rural (UMIR) desprazouse ata o lugar onde uns operarios indicaron que a uns cinco metros de altura, no interior dun poste de formigón, había un niño de avespas, que saían e entraban por un burato polo que os axentes iniciaron o protocolo para a súa retirada.