Rexistran a Cámara de Comercio de Lugo por orde de Pilar de Lara

Publicado: miércoles, 22 marzo 2017 16:30

LUGO, 22 Mar. (EUROPA PRESS) -

A sede da Cámara de Comercio de Lugo foi rexistrada a comezos desta semana por orde da titular do xulgado número uno de Lugo, Pilar de Lara.

A entrada e rexistro no tres dependencias coas que conta a Cámara de Comercio de Lugo produciuse o pasado luns e prolongouse durante boa parte do día.

A investigación parte dos informes do Consello de Contas sobre "irregularidades no funcionamento e xestión da Cámara" durante os anos 2010 e 2011. Os feitos poderían constituír delitos de malversación de caudais públicos, alzamento de bens, contratacións ilegais e fraude en subvencións.

En 2015, o por entón conselleiro maior de Contas, Xesús Palmou, informou o Parlamento galego da remisión á Fiscalía do Tribunal de Contas de informes sobres irregularidades detectadas nas cámaras de comercio galegas.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xabier Díaz, eludiu facer declaracións sobre estes rexistros, tan só limitouse a apuntar que a investigación está "baixo segredo de sumario".

Así, De Lara ordenou o rexistro nas dependencias da Cámara, no edificio da UNED e en Ramón Ferreiro, así como na Confederación de Empresarios de Lugo, na Praza de Santo Domingo, que alberga servizos da entidade.