Rueda asegura que a Xunta fará "o que estea nas súas mans" para axudar á familia desaloxada en Santiago

El secretario xeral del PPdeG, Alfonso Rueda
EUROPA PRESS
Publicado: viernes, 19 septiembre 2014 13:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente galego e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, admitiu que cada vez que se produce un desafiuzamento a situación para os afectados é "tremenda" e sinalou que a Xunta fará "o que estea nas súas mans" para axudar á familia desaloxada este venres na zona de Aríns, en Santiago de Compostela.

En declaracións aos medios, Rueda sinalou que a decisión do desafiuzamento que tivo lugar este venres deriva dunha decisión xudicial, pero recordou que a Xunta "dende hai tempo" ten "activado" un protocolo para as familias que se vexan nesta situación, en colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Así as cousas, esgrimiu que "se neste caso procede que se poña en marcha" dito protocolo "pola Xunta non vai quedar". "Prodúcese unha situación tremenda cando estes desalojos teñen lugar e o que estea en mans da Xunta o imos facer", resolveu.