Rueda, sobre a inclusión de imputados nas lisas populares: "Cumprimento de estatutos e presunción de inocencia"

ReuniÃn entre Rueda e Tellado
EUROPA PRESS/REMITIDO
Publicado: viernes, 19 septiembre 2014 14:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, remitiuse este venres ao "cumprimento dos estatutos" do partido e á "presunción de inocencia" como piares da formación que dirixe Alberto Núñez Feijóo á hora de determinar se incluirán ou non imputado nas listas para as próximas eleccións municipais de 2015.

A oito meses dos comicios locais, rexeitou facer calquera outra manifestación ao respecto, tras referirse á "presunción de inocencia" e aos "estatutos" do partido, que ligan o pronunciamento definitivo sobre un cargo a que haxa sentenza ou sobresemento da causa.

Rueda realizou estas declaracións antes de que o actual alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, imputado na 'Operación Pokémon', anunciase a súa intención de volver presentarse.