Rueda non dá por rota a negociación co comité de Xustiza

Publicado: viernes, 19 enero 2018 20:09

PONTEVEDRA, 19 Ene. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta e titular de Xustiza, Alfonso Rueda, afirmou que "a Xunta non quere dar por rotas as negociacións" co comité de folga de Xustiza após a decisión "unilateral por parte da representación sindical", segundo el, de rompelas.

Así, apostou por "seguir traballando, non por evitar o día de folga" que afecta a un servizo "fundamental", "senón por conseguir un funcionamento normal da Administración de Xustiza".

Alfonso Rueda afirmou en Pontevedra que espera chegar "a acordo", aínda que "hoxe non foi ben para a negociación", admitiu. Por iso, insistiu en seguir "abertos á negociación e a solucionar este conflito con independencia de que haxa folga ou non" o vindeiro xoves, 25 de xaneiro.

Rueda lembrou que "até agora se deron bastantes pasos" e que do cinco peticións presentadas polos representantes dos traballadores, estes "recoñeceron que se avanzou en tres". As dúas reclamacións restantes son de "contido económico", justificando así a incorporación da Consellería de Facenda ás conversacións.

"Hai unha oferta económica encima da mesa que supón un incremento sobre o que veñen recibindo", precisou Alfonso Rueda, "e que os sindicatos a día de hoxe consideran insuficiente".