A saída da vía dun camión provoca retencións na AP-9, á altura da Madroa, en Vigo

Actualizado: martes, 26 agosto 2014 19:47

VIGO, 26 Ago. (EUROPA PRESS) -

A saída de vía dun camión, na autoestrada AP-9 en sentido Pontevedra, á altura da Madroa, en Vigo, provocou retencións dende as 17.25 horas deste martes, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil de tráfico.

A saída da vía produciuse pola marxe dereita, por razóns que se descoñecen e, inicialmente, o camión quedou atravesado na calzada, no punto quilométrico 152.5.

Aínda que se produciron retencións nos primeiros momentos, a Garda Civil xa habilitou un carril e se continuou a circulación, aínda que de forma lenta e con paradas.