O salario que empresas declararon pagar a empregados en Galicia foi de 17.740 euros en 2013, por debaixo da media

Recursos de monedas. Euros. Dinero
EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 21 noviembre 2014 17:23

Este dato é substancialmente superior en homes (19.820) que en mulleres (15.383) e tamén existen diferenzas relevantes por sectores

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

O salario medio que as empresas declararon pagar aos seus traballadores no ano 2013 en Galicia foi de 17.740 euros de media, o que supón 735 euros menos que a media estatal, de 18.505 euros, segundo a estatística 'Mercado de Traballo e Pensións' da Axencia Tributaria.

Este salario medio na Comunidade galega é substancialmente no caso dos homes (19.820) que no das mulleres (15.383). Por provincias, A Coruña sitúase na cabeza, con 19.988 euros de media, seguida dos 17.034 euros de Pontevedra, 16.703 de Lugo e 16.532 de Ourense.

Tamén existe diferenza entre o salario medio que se dá en entidades financeiras e aseguradoras (28.399 euros) e servizos de ocio (8.289), mentres outros sectores como industria e enerxía, servizos sociais e información e comunicacións rexistran medias por enriba dos 20.000 euros (25.160, 22.867 e 21.499 euros, respectivamente).

A cifra global galega, 17.740 euros, implica uns 1.267 euros para cada empregado en 14 pagas, antes de quitar impostos e pagamentos á Seguridade Social, tamén por debaixo da media de España, de 1.320 euros ao mes.

En canto aos pensionistas, un total de 7667.179 en Galicia percibiron de media 11.575 euros ao ano, de acordo con esta estatística. No caso dos homes, esta contía sobe 13.340 euros, e baixa 9.855 euros para as mulleres.

Pola súa banda, un total de 322.423 desempregados galegos recibiron unha prestación media anual de 3.897 euros en 2013, segundo a Axencia Tributaria, que fixa en 4.281 euros a cantidade en varóns e en 3.427 para as mulleres.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o salario medio que as empresas declararon pagar aos seus traballadores no ano 2013 foi de 18.505 euros no conxunto do ano, o que implica uns 1.320 euros ao mes para cada empregado en 14 pagas, antes de quitar impostos e pagamentos á Seguridade Social.

Se a esta cifra se lle resta a retención media que practicou Facenda a estes contribuíntes en materia de IRPF (16,74%) e as realizadas á Seguridade Social (un 6,5% aproximadamente), obsérvase que estes empregados percibirían un soldo neto duns 1.000 euros ao mes.

Segundo a estatística, 16,7 millóns situáronse neste umbral en 2013, segundo o declarado polas empresas, dos 26,3 millóns que conforman a estatística, que tamén recolle o declarado pola Administración en canto a pensións e parados.

Así, a estatística reflexa que en 2013 houbo 9,2 millóns de pensionistas que percibiron unha pensión media de 12.954 millóns brutos ao ano, cifra que supón unha pensión neta media de 857 euros ao mes se lle quita a retención media que lles aplicou Facenda nese mesmo exercicio (7,36%).

Pola súa banda, os 5,7 millóns de desempregados declarados pola Administración ese ano percibiron unha retribución bruta media anual de 3.828 euros, o que supón unha retribución medida neta de 317 euros ao mes en doce pagas, tras aplicar unha retención media do 0,37%.

A estatística integra datos de toda percepción de renda tomada individualmente sen ter en conta, por exemplo, o tempo que permaneceron no mercado de traballo. Así, unha persoa que cobra 1.000 euros por unha semana de traballo consta como un perceptor e un salario, exactamente igual que un traballador indefinido por todo o ano.

Igualmente, unha persoa que se xubila en maio, figura como asalariado pola renda dos catro primeiros meses e tamén como pensionista pola pensión percibida dende maio ata decembro

9,8 MILLÓNS COBRARON MENOS DE 18.505 EUROS

Aínda así, dos datos pódese desprender que as empresas declararon pagar menos de 18.505 euros brutos ao ano en 2013 a 9,8 millóns de empregados, e máis desa cantidade a 6,7 millóns de traballadores.

Na parte máis baixa situáronse 5,7 millóns de traballadores que percibiron menos de 10.000 euros brutos ao ano, fronte aos 125.191 contribuíntes que contaron cunha renda anual de 147.320 euros (máis de 10.500 euros brutos ao mes).