Sánchez presenta un "pacto" a Merkel e a Rajoy para mellorar a competitividade

Actualizado: sábado, 23 agosto 2014 18:44
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, presentou este sábado, na súa visita a Santiago, un "pacto europeo" dirixido á chanceler alemá, Angela Merkel, e ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ante a inminente reunión que ambos os dous manterán este luns na capital galega.

   O obxectivo deste decálogo económico é, en palabras de Sánchez, mellorar a competitividade, o traballo e a cohesión social. Neste sentido, o líder dos socialistas españois reprochoulle a Rajoy que hai "moi pouco que celebrar" con Merkel, mentres que sostén que si hai "moito que rectificar".

   En concreto, a través deste pacto europeo Sánchez pretende impulsar plans para crear emprego, depreciar o euro para "elevar as exportacións", impulsar plans de garantía xuvenil, "acabar cos paraísos fiscais" e desenvolver un plan de crecemento para as pequenas e medianas empresas, entre outras medidas.

   Así, avogou o líder dos socialistas españois por poñer "punto e final" a unha política que, na súa opinión, provoca "moito sufrimento e desigualdade", en relación ás políticas levadas a cabo polo que acusa como "dereita europea".

   (HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)