Severino Rodríguez (BNG) anuncia que non se presentará de novo á Alcadía de Monforte (Lugo)

Actualizado: viernes, 31 octubre 2014 21:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez (BNG), anunciou este venres que non se presentará de novo ás próximas eleccións municipais para revalidar o seu posto como rexedor desta localidade lucense na que leva co bastón de mando dende 2003.

En declaracións a Europa Press na tarde deste venres, Rodríguez explicou que "tras tres mandatos e 12 anos como alcalde", cre que é hora de non continuar porque "os cargos políticos teñen o seu tempo determinado".

Así, sinalou que cree "positivo" que haxa renovación nos cargos cada certo tempo en pro da "rexeneración", á vez que explicou que cando chegou á Alcaldía en 2003 xa anunciou que estaría como moito "dous ou tres lexislaturas", ao que se unen "compoñentes persoais e familiares" para tomar esta decisión.

Ademais, remarcou que seguirá militando no BNG e que non se presentará por ningunha outra formación a ningún cargo. "Eu sigo sendo do Bloque", deixou claro quen ata agora gobernaba unha das principais alcaldías do BNG en Galicia, tras cidades como Pontevedra ou Carballo (Monforte rolda os 20.000 habitantes).

Preguntado sobre cál será o seu futuro, respondeu: "Dedicareime ao que necesite a miña cidadanía, pero se é a nivel institucional non terei ningún cargo nin no Concello, nin en ningún outro sitio, pero iso non quere dicir que non siga activo en política, xa que levo activo en política dende os 18 anos".