Un subscritor comprou dous décimos do 'Gordo' na administración número 2 de Lugo, que vendeu oito en ventanill

Celebración por El Gordo de la Lotería en Lugo
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 14:20

LUGO, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un subscritor comprou dous décimos do 13.437, premiado co Gordo no Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, na administración número 2 de Lugo, que foi o encargado de repartir parte deste premio na cidade e que vendeu outros oito décimos a través de ventanilla.

Así o asegurou o pai do propietario da administración, José Macía, que este luns se achegou ata a Praza de San Domingo de Lugo para celebrar os catro millóns de euros que esta cifra deixou na cidade.

A administración número 2, confirmou José Macía, vendeu unha serie enteira do 13.437, oito décimos en ventanilla e un par deles para "un subscritor" á cifra.

A pesar da satisfacción por repartir o 'Gordo' e visiblemente emocionado, José Macía bromeou co feito de que el mesmo xogaba outro número, que unicamente lle concedeu "o reintegro".