Suspenden a busca no encoro de Albarellos, en Boborás (Ourense), sen achar o corpo que fora avistado

Actualizado: sábado, 20 diciembre 2014 19:46

OURENSE, 20 Dic. (EUROPA PRESS) -

Os efectivos mobilizados na busca dun corpo avistado no encoro de Albarellos, en Boborás (Ourense), na mañá deste sábado, suspenderon os labores de rastrexo sen éxito, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Grupo de Emerxencias supramunicipal (GES) de Ribadavia e da Garda Civil.

As tarefas de busca suspendéronse despois das 18,00 horas debido á falta de visibilidade e está previsto que se retomen este domingo en torno ás 9,30 horas.

A empresa xestora do encoro, Fenosa, manifestou a súa disposición a colaborar nuns labores que esixirán cortar a corrente de auga pola canle na que foi avistado o corpo e no que podería quedar enganchado.

O equipo subacuático dos GEAS desprazouse ata o lugar dos feitos, aínda que non chegou a somerxerse. Está previsto que o fagan na próxima xornada.

Fuentes consultadas por Europa Press aseguraron que o grupo que avistou o corpo asegura que era un home, aínda que a Garda Civil está á espera de que sexa localizado para poder dar novos pasos na investigación, xa que polo momento só dispoñen "da versión" dos cazadores.