The Undertones encabezan o cartel do VdeValarés, con dúas bandas internacionais, seis estatais e seis galegas

Cartel del Festival V de Valarés en 2014
V DE VALARÉS
Actualizado: miércoles, 30 julio 2014 19:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

The Undertones, banda de punk rock formada en Derry (Irlanda do Norte) en 1975, encabezan o cartel do Festival VdeValarés SON Estrela Galicia 2014, que contará con dúas bandas internacionais, seis estatais e seis galegas.

O festival, que se celebra o próximo sábado 16 de agosto na praia de Balarés, en Ponteceso (A Coruña), confirmou un cartel de 14 grupos encabezado por The Undertones, que darán en Valarés a súa única actuación en España.

Estarán acompañados por Lisa & The Lips, We Are Estándar, Depedro, Corizonas, Triángulo de Amor Bizarro, ElyElla Djs, Disco Dentada, Crudo Pimento, Escoitando Elefantes, Lady Leño, Cool Funeral, Lowcos e Nano Vinilo.

Ata o próximo mércores 13 de agosto pódense adquirir entradas anticipadas por 15 euros (máis gastos) con acampada incluída. O prezo da entrada na venda directa será de 18 euros con acampada tamén incluída.

Este luns, a organización do festival estreou o anuncio publicitario, que se pode visionar no seguinte enlace: http://vimeo.com/101629417.