Triacastela (Lugo) rexistra un terremoto de 3,5 graos

Terremoto en Triacastela (Lugo)
INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL
Publicado: lunes, 17 abril 2017 9:45

LUGO, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

A zona de Triacastela (Lugo) rexistrou na madrugada deste luns un terremoto de 3,5 graos na escala de Richter que se sentiu con diversa intensidade en varios municipios da provincia lucense.

Segundo a información facilitada polo Instituto Xeográfico Nacional, ás 00,37 horas deste luns rexistrouse un terremoto de 3,5 graos con epicentro en Triacastela.

O movemento sísmico sentiuse en puntos de municipios como Becerreá, Sarria e Quiroga e con algo menos de intensidade tamén se deixou notar en zonas de Chantada, Lugo e Monforte de Lemos.

Previamente, ás 23,41 horas do domingo rexistrouse outro terremoto con epicentro en Triacastela de 2,1 graos na escala de Richter, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

O 112 Galicia sobre as 1,00 horas deste luns recibiu unha chamada dun particular veciño das aforas de Sarria para informar de que sentira un movemento sísmico, pero concretou que non sufrira danos na súa vivenda.

Posteriormente outro particular chamou ao servizo de emerxencias para indicar que notara un tremor, que posteriormente confirmou o Instituto Xeográfico Nacional.

O servizo de emerxencias 112 Galicia apuntou a Europa Press que non ten constancia de danos como consecuencia destes movementos sísmicos.