Un veciño de Tomiño permanece hospitalizado en Vigo tras recibir varios disparos nun tiroteo en Portugal

Actualizado: martes, 15 abril 2014 20:44
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

VIGO, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Un veciño de Tomiño (Pontevedra), P.C.P., de 35 anos de idade, permanece ingresado no Hospital Meixoeiro de Vigo, a onde chegou con varias feridas por arma de fogo nunha perna, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

   A Policía Judiciária portuguesa está a investigar un tiroteo rexistrado este luns pola noite na Praia da Lenta, en Vila Nova de Cerveira, no que ese tomiñés resultou ferido. Segundo confirmou a Europa Press a GNR, varias testemuñas alertaron a policía tras escoitar disparos nesa zona de Vila Nova, sobre as 21.25 horas (hora portuguesa).

   Os testemuños solicitados polos axentes lusos sinalaban que se producira un tiroteo con varias persoas implicadas, entre elas dous españois (un deles o que resultou ferido). Así mesmo, as testemuñas falan de dous coches, un vermello que se dirixiu grande velocidade cara a Valença, e outro de cor "escuro" que fuxiu do lugar cara a España, pola ponte internacional de Goián.

   Sobre as 22.50 horas (hora española), o 061 recibiu un aviso para acudir ao Punto de Atención Continuada de Tui (Pontevedra). Alí, un coche acababa de deixar un varón con feridas por arma de fogo nunha perna. Unha ambulancia asistencial trasladou o ferido ao hospital do Meixoeiro, onde permanece ingresado.

   Por outra banda, fontes da investigación sinalaron a Europa Press que o ferido estaría vinculado co tráfico de estupefacientes, e que a liorta podería ter a súa orixe nun axuste de contas ou nun "negocio que saíu mal".