O BNG erixese en Vigo en "alternativa" ao "localismo cascarrabias" de Caballero

Xavier Vence presenta la candidatura del BNG a la Alcaldía de Vigo
BNG
Actualizado: sábado, 18 abril 2015 20:48

VIGO, 18 Abr. (EUROPA PRESS) -

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, presentou a candidatura do Bloque en Vigo como a "alternativa" aos recortes do Partido Popular e ao "localismo cascarrabias" do actual alcalde e candidato do PSOE, Abel Caballero.

"Vigo ten que estar á cabeza dunha Galicia dinámica no económico e no social, e non pode facelo cun goberno municipal pechado na confrontación, nin da man de quen práctica unha política de recortes que lle nega servizos básicos públicos á primeira cidade do país", considerou este sábado nun acto organizado na cidade olívica.

Fronte a iso, o xefe de filas do BNG defendeu que o BNG-Asembleas Abertas é a "alternativa política" en Vigo que "planta cara" á "política de recortes do PP" e que "tampouco se resigna" ante un goberno municipal "instalado na confrontación co resto do país e no victimismo para esconder que non ten proxecto para esta cidade".

"Vigo non pode liderar a Galicia da economía produtiva que cree emprego de calidade dende a confrontación, con localismos cascarrabias e histriónicos, nin con visións miopes a curto prazo", resaltou Vence, quen enumerou os "inimigos" da cidade.

RECUPERAR A CIDADE COMO "MOTOR ECONÓMICO"

Deste modo, na súa intervención, o voceiro nacional do BNG asegurou que o reto do BNG é "recuperar Vigo como motor económico e como cidade de cohesión social con servizos públicos de calidade", cunha "candidatura renovada e ilusionada".

"É unha candidatura modélica, co obxectivo de construír un concello ao servizo da xente, dende o diálogo e a participación,", destacou.

"NOVO CICLO"

Pola súa banda, o candidato á Alcaldía, Serafín Outeiro, anunciou que o BNG quere "abrir un novo ciclo" que acabe "coa política de inauguracións" para "dar prioridade aos problemas reais da xente". "É tempo de pechar en Vigo as políticas de recortes impostas pola dereita e o BNG ten a vontade de ser a alternativa útil de cambio dende o nacionalismo de esquerda", indicou.

Así mesmo, destacou entre as propostas máis urxentes, construír "un concello ao servizo dos veciños", destinar recursos a "eliminar a pobreza e a exclusión social", con medidas de inclusión como o autobús gratuíto, comedores escolares ou facilitar o acceso á vivenda.

OUTRAS PRESENTACIÓNS DO BNG

Tras a presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Vigo, a formación nacionalista presenta tamén na xornada deste sábado as súas listas para diferentes municipios da bisbarra de Celanova (Ourense), como son Cartelle, Ramirás, A Merca, A Bola, Verea, Gomesende, Entrimo, Muíños, Lobeira.