Villares, sobre Feijóo: "A única coalición que pode facer é coas dinastías baltáricas"

Luís Villares en Ourense.
EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 28 agosto 2016 18:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, asegurou este domingo que "o problema de Feijóo é que a única coalición que pode facer en Galicia é coas dinastías baltáricas e cos poderes económicos cos que privatizou a sanidade pública".

   En Marea celebrou este domingo en Santiago unha xornada de traballo na que o aspirante á Xunta cargou contra os que "lles"gusta moito a uniformidade": "Eles son uniformes e impoñen o silencio, dentro e fóra. O poder sen control é o que lles gustaría a eles. Nós nacemos para romper con este tempo de silencio [...]. Nós temos a forza da razón, a forza da ilusión, a forza do compromiso".

   Aos presentes na xornada de traballo manifestoulles que "hoxe" están aquí como "dignos representantes": "Hoxe, nós temos a responsabilidade de non fallar aos que confían neste proxecto; hoxe, nós representamos a fundada esperanza da xente común. Non están detrás nosa, están ao noso lado".

   No seu discurso, Villares defendeu o autogoberno e a "necesidade de esgotar todas as competencias" e de "aspirar a toda a capacidade de decisión propia".