Wilco chega este mércores á Coruña con case todas as entradas vendidas

Wilco
VERTICAL POP
Actualizado: domingo, 26 junio 2016 12:37

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O grupo estadounidense Wilco case esgotou todas as entradas para o seu primeiro concerto en Galicia, que se producirá o próximo mércores 29 de xuño ás 21,00 horas e no que presentarán o seu novo álbum 'Star Wars'.

   O Pazo da Ópera foi o lugar elixido para que os asistentes poidan gozar dos novos temas que chegan tras catro anos de espera e que ademais foi nomeado aos premios Grammy.

   Wilco, liderado por Jeff Tweedy, é unha das bandas máis influentes do rock americano de raíces country, e que conta con grandes álbums como 'Yankee Hotel Foxtrot', 'A Ghost Is Born', así como o seu anterior disco 'The Whole Love'.