Taín espera "dende a distancia" e a "prudencia" que a Audiencia sinale o xuízo

José Antonio Vázquez Taín
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 septiembre 2014 12:54
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O xuíz José Antonio Vázquez Taín, que instruíu a causa pola morte de Asunta Basterra, sinalou este luns, cando se cumpre un ano do inicio da investigación, que espera "dende a distancia e dende a prudencia" que a Audiencia Provincial, á que foi trasladada a instrución tras o seu peche, se pronuncie sobre este caso fixando a data de xuízo.

   Nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, o maxistrado recordou que, neste caso, o seu traballo "rematou" e que a instrución atopa agora "nas mans axeitadas", as da Audiencia Provincial. Non obstante, Vázquez Taín rexeitou comentar con máis profundidade no suceso, do que este domingo se cumpriu un ano.

   O maxistrado emitiu o pasado 21 de xullo o auto de peche da instrución e deu traslado desta á Audiencia Provincial para fixar a data de xuízo contra os únicos imputados, os pais de Asunta.

   Neste auto, Vázquez Taín sostén que ambos os dous pais "colaboraron" para a morte de Asunta nun plan "orquestrado" para desfacerse da nena, que les "estorbaba". En concreto, establece que foi o pai quen administrou a dose mortal de Orfidal á nena, mentres que a súa nai a asfixiou en Montouto.

   Para os pais de Asunta a acusación popular pide 20 anos de cárcere por un delito de asasinato, unha pena que a Fiscalía rebaixa a 18 anos de prisión. As defensas, que manteñen que existe un plan para implicar os pais, piden a libre absolución.