A xunta de accionistas de Abanca aproba por unanimidade todos os puntos da orde do día

Xunta de accionistas de Abanca
REMITIDA
Actualizado: lunes, 26 junio 2017 14:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

A xunta de accionistas de Abanca aprobou por unanimidade todos os puntos da orde do día da súa reunión ordinaria deste luns, na que estivo presente o 86,84% do capital.

Ao termo da mesma, ademais, foi anunciada a renuncia por motivos de idade de Javier Etcheverría como presidente, cargo no que lle relevará o ata agora vicepresidente, Juan Carlos Escotet.

Nesta xornada quedaron aprobadas as contas do exercicio 2016 e outros apartados como a reelección de auditor de contas de Abanca Corporación Bancaria e do seu grupo consolidado á entidade KPMG Auditores.

Un dos puntos destacados da orde do día era o que prevé a implantación dun incentivo a longo prazo consistente na entrega de accións de Abanca Corporación Bancaria dirixido á persoal clave da entidade, incluíndo conselleiros executivos

O plan consiste na entrega de accións no cuarto aniversario do inicio do 'Plan 300', segundo recolle a documentación da entidade financeira.

As contas, pola súa banda, reflectiron o pasado ano un beneficio neto de 333,6 millóns de euros, un 1,1% máis que en 2015. A xunta tamén aprobou a proposta de aplicación do resultado de 2016: a repartición duns 315,4 millóns de euros como dividendo.

RESTO DA ORDE DO DÍA

Outro apartado, en terceiro lugar, era o relativo á aprobación da xestión social durante o exercicio 2016, mentres que o cuarto abordou a reelección de auditor de contas.

O quinto punto que saíu adiante é o de nomeamento e ratificación de conselleiros, aspectos sobre o sistema de retribución no sexto e a ratificación da política de operativa con instrumentos propios de capital no sétimo.

En oitavo posto figuraba a información á xunta xeral sobre as modificacións do regulamento do consello de administración e en noveno, a autorización ao consello de administración, con facultade de substitución, para formalizar, emendar, interpretar e executar os acordos que se adopten pola xunta xeral, así como a concesión de facultades para a elevación a instrumento público de tales acordos.