A Xunta aprobará a tarxeta familiar para os nenos que nazan en 2016

SAN CAETANO09,30 h.-   O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presid
XUNTA/xoán crespo
Actualizado: domingo, 29 noviembre 2015 19:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que esta semana o Consello da Xunta "adiantará xa o contido e alcance" da tarxeta familiar para que todos os fogares nos que nazan nenos a partir do 1 de xaneiro de 2016 conten con 100 euros ao mes.

Así o avanzou nunha entrevista concedida á Radio Galega, recollida por Europa Press, na que o máximo mandatario autonómico reivindicou as políticas que o seu Executivo leva a cabo para facer fronte ao problema demográfico que vive Galicia.

"Queremos mandar unha mensaxe á sociedade, que Galicia sexa un bo lugar para ter fillos,", destacou Núñez Feijóo antes de concretar que poderán acceder a esta achega as familias cunha renda de ata 45.000 euros ao ano ou 13.500 euros per cápita. "O que supón que se beneficiarán da axuda un 85% dos nenos que nazan en Galicia no próximo ano", sinalou.

"Xa sabemos que con iso non se vai ter máis fillos, pero si lle queremos mandar unha mensaxe á sociedade, que Galicia sexa un bo lugar para ter fillos e que os fillos que nacen en Galicia os temos que coidar", incidiu.