Xunta di que a "xestión responsable" permite conxelar as taxas e USC pide que se "compense" o que deixa de recibir

El recor de la USC, Juan Viaño, y el conselleiro de Educación, Román Rodríguez
EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 29 abril 2016 13:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Abr. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asegurou que a "xestión responsable" realizada polo Goberno galego permite conxelar as taxas universitarias e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, considerou que "debería de compensarse" o que "deixa de recibir a universidade" con esta medida.

Ambas as dúas autoridades coincidiron este venres nun acto en Santiago de Compostela, onde o titular de Educación recordou que Galicia "leva varios anos sendo a comunidade autónoma na que as taxas universitarias son máis baratas" algo que, na súa opinión "é moi positivo" dado que posibilita que a universidade galega "á máis equitativa" do ámbito español.

"Nós sempre dixemos que ningún estudante galego debe quedar fóra por motivos económicos entendendo que a universidade é un dos sistemas máis importantes para fomentar a igualdade de oportunidades e tamén por suposto, para favorecer o desenvolvemento dun territorio", destacou.

Neste sentido, asegurou que esta conxelación no prezo das taxas universitarias "se"pode facer" grazas á "xestión responsable" da Xunta durante os últimos anos. "A xestión eficaz, sobre todo do déficit público, posibilita que Galicia poida ter un nivel de estabilidade económico que posibilita esta situación", sinalou.

Ademais, tamén vinculou esta medida ao "incremento no plan de financiamento universitario". "Eu sei que o reitor dirá que non é suficiente, e é certo, pero se incrementou notablemente o financiamento público iso posibilita tamén" que "as familias non teñan que achegar máis recursos".

Ao respecto, puxo como exemplo que estudar unha carreira en Galicia é "tres veces máis barato que en Cataluña" ao ter "o déficit público controlado". "A xestión responsable repercute en que a universidade sexa máis alcanzable para o conxunto das familias", cuxa "media de aforro" é de "ámbito a 25 millóns de euros".

COMPENSACIÓN Á UNIVERSIDADE

Pola súa banda, "como cidadán" Juan Viaño valorou que, "nun momento de crise" as "taxas universitarias sexan baixas" e que "se facilite que os fillos poidan acceder á universidade". "Dende ese punto de vista é unha medida social defendible", sinalou.

Con todo, asegurou que, "como reitor" debe dicir que, se as taxas "son un terzo máis baratas que en Cataluña" a universidade galega "recibe por matrículas un terzo do que reciben as catalás e, polo tanto, a súa actividade se financia peor".

"Nese sentido, creo que as universidades deben reclamar a compensación que lle corresponden e non solo a medida social que corresponde aos estudantes", manifestou antes de insistir en que "o que deixa de recibir a universidade, debería de compensarse".