O Goberno galego reclama que se continúe coa regulación para identificar a orixe do leite

Vacas
DIPUTACIÓN DE PALENCIA - Archivo
Actualizado: sábado, 26 mayo 2018 14:43

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 May. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta de Galicia trasladou un informe elaborado polo Consello Galego de Competencia destinado ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) no que xustifican a "necesaria" identificación da orixe do leite como "apoio fundamental" para os produtores e para defender "os dereitos" dos consumidores.

   Así, segundo recolle un comunicado emitido este sábado, a Consellería do Medio Rural non comparte o criterio da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), entidade que se mostrou "crítica" co borrador desta nova norma.

   En todo caso, como lembra Medio Rural, o ditame da CNMC "non é vinculante", polo que insta ao Mapama a continuar "avanzando na mesma dirección" para regular a identificación da orixe do leite en liña co 'Acordo lácteo' asinado por axentes do sector en setembro de 2015.

   O Goberno galego reitera que cre que a medida está "plenamente justificada" porque ofrecería "información veraz ao consumidor" e favorecería "a propia competencia" do sector.

   Nesta liña, lembra que a Galicia conta xa con "unha ferramenta moi importante" neste ámbito, como é a etiqueta 'Galega 100%', promovida pola asociación sen ánimo lucro 'Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal).