A Xunta reivindica "seguir reservando 5 millóns" para o dique flotante "ou calquera infraestrutura que sexa factible"

Carmen Bouso habla en la comisión de Industria sobre el naval
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 19 noviembre 2014 20:06

A nova directora xeral de Traballo asegura que "non constan" presións por parte de Barreras en relación co convenio do metal

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Nov. (EUROPA PRESS) -

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, reivindicou que a Xunta de Galicia "segue reservando 5 millóns de euros para apoiar o dique flotante ou, no seu caso, calquera infraestrutura que sexa factible para reforzar a súa competitividade".

Afirmouno na comisión de industria do Parlamento galego, ante as preguntas das deputadas de AGE e BNG Yolanda Díaz e Carme Adán, os que criticaron "precarización" das condicións laborais no naval ferrolano, por un lado, e, por outro, o desvío de carga de traballo procedente do flotel para Pemex aos estaleiros de Navantia en Cádiz.

Na súa quenda, Aguilera repasou actuacións derivadas do que considera "intenso traballo" do Goberno galego nos últimos anos para tratar de mellorar a "calamitosa situación" do sector, como a consecución dun novo 'tax lease', a sinatura de contratos e a disposición de avais.

A continuación, o dirixente referiuse ao "compromiso coa área de reparacións", que asegurou que "se mantén", e para o que inscribiu a reserva deses 5 millóns, "para apoiar o dique" ou "calquera infraestrutura que sexa factible" e que reforce o devandito ámbito.

Na réplica, as parlamentarias da oposición censuraron o discurso de Javier Aguilera, que viron "unha tomadura de pelo".

Este, xa na quenda de peche, aludiu á carga de traballo derivada da construción dun buque flotel para a petroleira mexicana para destacar que a Xunta "non está disposta a que se desvíe carga de traballo fóra da ría de Ferrol", polo que dixo a Navantia que "ten que cumprir".

CONVENIO DO METAL

Por outra banda, na mesma comisión, a nova directora xeral de Traballo, Carmen Bouso Montero, respondeu a unha cuestión de Adán sobre o cumprimento do convenio laboral do metal polas empresas auxiliares do naval. En concreto, a nacionalista preguntou polo "intento de veto de Barreiras a estas".

A este respecto, Bouso Montero afirmou que á Xunta "non lle consta chantaxe ou coacción" por parte do estaleiro Barreras, nin tampouco que a representación sindical trasladase esta problemática nas dúas últimas sesións da mesa para o emprego do sector, que se celebraron en xullo e setembro.