A Xunta reunirase cos reitores "para buscar proxecto conxunto", pero di que a nova norma facilita a súa autononomía

Fotos De: O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN ANUNCIA A AMPLIACIÓN DOS VIVEIROS
EUROPA PRESS/XUNTA
Actualizado: viernes, 30 enero 2015 17:36

O conselleiro de Educación destaca o "aforro" para as familias e a mobilidade dos alumnos por Europa, ao ter formación análoga

OURENSE, 30 Ene. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, anunciou que se reunirá cos reitores "nos próximos días ou semanas", para "buscar un proxecto conxunto para as universidades galegas", tal como se fixo "nos últimos anos", pero asegura que a reforma universitaria aprobada "non obriga, senón que facilita a autonomía universitaria".

O real decreto aprobado polo Consello de Ministros que abre a posibilidade de que as universidades impartan formación de grao de tres ou catro anos e de postgrao ou máster dun ou dous anos e "poidan convivir" esas posibilidades. "Falamos dun proxecto que dá flexibilidade ás universidades, para que poidan optar por uns ou outros ou facer convivir varias", indicou.

Segundo o conselleiro, mantense no seu departamento o que se cría cando foi consultado polo órgano estatal de universidades, en relación a este real decreto. "E é que permite un aforro importante ás familias pois permite estudios de menor duración que os agora implantados", abundou.

O aforro, segundo Vázquez, está en que o alumno "na maioría dos casos, pode acceder ao mercado laboral con estudios de grao, sen obriga do postgrao, o que supón un ano menos e xa é exactamente o mesmo que acontece a cen quilómetros, ao outro lado da fronteira, en Portugal".

"FALAR"

Ademais, engadiu que España pasa, así, a formar parte dese 95 por cento de países europeos "coas mesmas políticas" e que son todos os do espazo Bolonia, "agás un ou dous", nos que conviven varias alternativas "e onde o alumnado está facultado para escoller".

Agora "toca falar" coas universidades galegas "e a consellería xogará un papel conxunto coas tres", anunciou. "Gustaríanos chegar a puntos de encontro, como aconteceu noutros casos, pero reitero que as universidades son autónomas nesta cuestión e se falará dese Real Decreto, resolveu.