A Xunta ve no tratado de comercio entre UE e EE.UU. "unha oportunidade"

COMISIÓN DE ECONOMÍA
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: miércoles, 1 octubre 2014 15:23
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

O Goberno galego incide en que os tribunais de preferentes da Coruña e Vigo resolveron o 75% das demandas presentadas

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo, cre que o Tratado Transatlántico de Comercio que están a negociar Estados Unidos e a UE "é unha oportunidade" para diversos sectores galegos e "non supón unha ameaza".

   Así apuntouno en resposta a unha pregunta oral do BNG sobre as negociacións dun acordo entre Estados Unidos e a Unión Europea que a deputada Tereixa Paz cree que representa "un atentado a democracia", xa que se vai interpoñer o interese de transnacionais ao da cidadanía en xeral.

   De feito, Tereixa Paz censura que este acordo "é un auténtico escándalo", dado que "todo é susceptible de ser privatizado", e terá, ao seu xuízo, graves "consecuencias sobre os dereitos laborais", ao haber unha "equiparación da regulación laboral europea á estadounidense".

   En cambio, Gamallo considera que "o que está ben claro é que este tratado vai na liña de favorecer o comercio Transatlántico", de tal forma que "esta é unha negociación 'win-win', pois "ou gañan as dúas partes ou non se aproba o tratado".

   Ao respecto, o responsable de Relación Exteriores defendeu que este tratado vai favorecer a exportación de viños galegos debido á redución de custos de intermediarios co fin de poder "entrar mellor no importante mercado americano". Unha oportunidade que tamén aprecia para sectores como o téxtil, a automoción ou o conservero, o cal padece que "hai aranceis altos".

   Sobre este acordo, Gamallo remarcou que a Xunta apoia "sen fisuras as iniciativas do libre comercio", xa que considera que "se busca un saldo global positivo" para as dúas partes". Sobre as preocupacións expostas polo BNG, asegurou que "non parece probable" que o núcleo do modelo social europeo" poida "ser "atacado por estas negociacións".

RESERVAS SOBRE INFORMACIÓN

   Na súa pregunta, o BNG denunciou "secretismo" sobre as negociacións que se están a levar a cabo entre a UE e os Estados Unidos, e reclamou á Xunta que explique cál é o seu grao de coñecemento sobre os que se está a abordar.

   Sobre este extremo, Gamallo informou de que estas negociacións non son competencia de ningunha comunidade nin dos Estados "na maioría dos items a negociar", xa que "o protagonismo negociador é da Comisión Europea" co mandato do Consello.

   Nesta liña, remarcou que o Goberno autonómico "é coñecedor das negociacións" en curso", pero subliñou que a información coñecida polo Goberno español "depende do que lle transmita o equipo negociador da UE".

   "Na fase na que nos atopamos esíxese certa reserva na xestión de información, non porque haxa nada oculto ou nada pernicioso", explicou Gamallo, senón porque nestas roldas negociadoras se afrontan "dende posturas de máximos" nas que se buscan "avances sen detallar cáles son as auténticas liñas vermellas".  Pola contra, "esa información beneficiaría" á outra parte e "desvalorizaría as contrapropostas europeas".

   Por iso, Gamallo xustificou que "non pode ser unha información absoluta" en tempo real", pero no seu momento, coa debida autorización, o Goberno galego "será axeitadamente informado".

PREFERENTES

   Nesta comisión respondeuse ás dúas preguntas orais do BNG que foron aprazadas na sesión do 19 de setembro, o que provocou que o deputado Francisco Jorquera abandonase ese día a comisión en sinal de protesta. Estas dúas cuestións versaban sobre o tratado de comercio entre a UE e o EE.UU, así como de preferentes.

   No tocante ás preferentes, o Bloque reclamou á Xunta información sobre cántos preferentistas aínda non recibiron o seu diñeiro e cánto diñeiro queda por devolver. Así, a deputada Tereixa Paz expuxo os datos do FROB do mes de xaneiro no que se recolle que hai máis de 116.000 afectados por preferentes das antigas caixas galegas, de tal forma que unhas 107.000 solicitaron a arbitraxe e destas foron chamadas máis de 62.000, que recuperaron 496,5 millóns de euros.

   Pola súa parte, o Bloque estima que cando finalicen os xuízos se recuperarán un 1.600 millóns de euros, polo que faltarán por restituír uns 210 millóns de euros pertencentes a preferentistas.

   Sobre esta cuestión, respondeu a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, quen explicou que os datos que manexa a Xunta son os mesmos que os do Frob, polo que non coñece outras cifras que as oficiais.

   Xunto a isto, sinalou que no Instituto Galego de Consumo se atendeu a máis de 56.000 persoas que acudiron en buscar de asesoramento para tramitar a súa reclamación, mentres que destacou que máis de 40.000 familias galegas afectadas recuperaron pola vía da arbitraxe o cen por cento dos seus aforros.

   Nesta liña, reiterou os datos achegados fai uns polo presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, de que os xulgados de preferentes da Coruña e Vigo resolveron "o 75%" das demandas presentadas, o que supón unhas 2.500 de preto de 3.400, polo que Vázquez Abeal subliña a súa "grande axilidade".

   Ao respecto, a deputada do BNG Tereixa Paz criticou que a Xunta non faga "seguimento" de en qué situación se atopan os afectados por preferentes "máis alá" dos datos do FROB, e lamentou que marcha da comisión sen saber cántos son os aforradores que aínda non recuperaron o seu diñeiro, "nin cál" é a súa situación.

   En resposta, Vázquez Abeal defendeu que a Xunta fai "seguimento dos datos facilitados polos xulgados e tribunais", ao tempo que puxo en valor que "dende o primeiro momento" o Goberno galego se interesou pola súa defensa.