UXT denuncia que un terzo dos contratos temporais en Galicia en 2016 foron de menos de sete días

Publicado 18/08/2017 15:21:04CET

   UXT alerta da "precariedade" laboral en Galicia cunha caída salarial do 5% entre 2009 e 2016

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O sindicato UXT denunciou a "preocupante" situación do mercado laboral de Galicia, nun informe que apunta cara ao aumento da precariedade, como se reflicte en datos que indican que o 34'7% dos contratos temporais en 2016 foi de menos de sete días, sete puntos por encima da media do Estado e un cinco por cento máis que en 2012.

   No seu informe, UXT-Galicia afirma que "o crecemento económico non basta para reducir a precariedade" e "urxe un cambio de políticas económicas e de emprego", ante a "persistencia" do desemprego máis estrutural, a perda de poder adquisitivo e o empeoramento da situación laboral das mulleres.

   Aínda que UXT admite o "obvio" crecemento da economía galega, a un ritmo do 3'1%, matiza que o emprego "non está a crecer coa mesma intensidade que a economía", cunha taxa de temporalidade en Galicia que se sitúa no 27'2%. Aínda que entre os segundos trimestres de 2015 e 2017 os contratos indefinidos en España aumentaron nun 3'9%, en Galicia rexistrouse unha subida do 0'6%.

   Ademais, preto do 62% dos traballadores a tempo parcial preferirían un contrato a tempo completo. En 2009 a porcentaxe era do 43%, recolle o informe.

   A central sindical sinala que o desemprego baixa, pero nunha alta porcentaxe ésto deberíase á redución da poboación activa. No segundo trimestre do ano 2017 hai un total de 95.400 desempregados menos en relación ao primeiro trimestre de 2014, cando se rexistra o máximo de paro. E a taxa de paro descende en 7'1 puntos, do 23'2 por cento ao 16'1%.

   A caída do paro, engade UXT, aliméntase tamén en parte nunha importante diminución da poboación activa. Os activos menores de 35 anos baixaron en 108.900 persoas desde a reforma laboral de 2012, e hai 116.700 parados que levan máis dun ano nesta situación, o 58% do total, e un 42'5% máis de dous anos. Chama a atención tamén a elevada taxa de paro entre os menores de 25 anos, que é do 35%.

   A pesar destas cifras, UXT critica que os orzamentos en materia de políticas de emprego aínda se afastan dos de 2008 a 2012, nos que a media orzamentaria situábase en 375'9 millóns de euros. No último quinquenio, a redución orzamentaria foi, indica o sindicato, dun 36%.

   BAIXAN As CONTÍAS DAS PRESTACIÓNS

   En canto á cobertura dos parados con experiencia laboral o informe engade que é tan só do 50'3%, habendo 108.000 desempregados sen cobertura. De forma paralela, UXT alerta da caída da contía media das prestacións, que en maio de 2017 foi de 802'1 euros, cen euros inferior á cantidade que se rexistraba en decembro de 2011.

   Tamén caen os salarios medios, nun 5% de 2009 a 2016, e a perda salarial comparada co IPC sitúase en 1'47 puntos.

RENDA MEDIA DA MAIORÍA SOCIAL

   Nesta liña, UXT fala de empobrecimiento da maioría social, cunha renda media dos fogares de 1.049 euros inferior á que tiñan en 2009, un 3'9%, cunha poboación de risco de pobreza no 25'4%, 0'8 puntos máis que en 2009, e cos ocupados nesta situación aumentando en 3'2 puntos en comparación co mesmo ano. Ademais, o 48'5% dos parados está xa en risco de pobreza.

CRECE A BRECHA SALARIAL ENTRE HOMES E MULLERES

   Nesta análise, o peor panorama debúxao a situación laboral das mulleres, coa poboación activa feminina contraéndose, xa que soportan maiores taxas de temporalidade, alcanzando o 28'6% fronte ao 25'9% dos homes. As mulleres ocupan o 76'13% dos empregos a tempo parcial, o 60'1% de forma involuntaria, 20 puntos máis que en 2009.

   A brecha salarial por sexos é dun 22 por cento, "un indicativo tanto da deterioración das condicións laborais das mulleres como da falta de políticas dirixidas á promoción de igualdade".

RECLAMACIÓN DE QUE SE DERROGUE A REFORMA LABORAL

   Ante o panoramal laboral que apunta UXT, o sindicato en Galicia afirma que "urxe reverter esta situación" coa derrogación das "negativas reformas laborais" para "construír un modelo de relacións laborais "máis eficiente e con máis dereitos". Ademais, UXT Galicia insta á Xunta a acometer un cambio de políticas económicas e de emprego e a que "non escape da súa responsabilidade" á vista de que no resto do Estado remóntase mellor que en Galicia. "É evidente que o crecemento económico non basta. As familias teñen que ser copartícipes da mellora e non está a ser así".

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies