LUGO 24 Oct. (EUROPA PRESS) -
O 'ciber profesor' lucense Diego Piñeiro acudirá no mes de novembro a Palma de Mallorca para impartir unha curso presencial de gaita a unha banda autóctona que se fraguou a través dun curso impartido en internet por este profesor.
Concretamente, trátase da banda de gaita galega 'Os Anaquiños' da cidade balear e que está integrada por 20 persoas entre gaiteiros, percusionistas e pandereteras.
Diego Piñeiro comezou a impartir estes cursos hai sete anos e, agora, empezan a emerxer bandas, como esta de Mallorca, ademais doutras existentes en en Arxentina e Estados Unidos.
Deste modo, Diego Piñeiro completará os cursos ofrecidos a través da Rede cunha viaxe a Mallorca do 3 ao 7 do próximo mes, no que aproveitará para entregar os diplomas que acreditan esta banda de gaita galega.
Piñeiro, que asegura que este "mundo" das gaitas "renaceu" despois duns anos difíciles a finais dos 80, advertiu de que tamén son "moitas" as peticións que se expiden para participar destes cursos a través da rede e destacou a incorporación da muller que representa o 50% dos alumnos.
En canto á primeira lección para os estudantes chanceou ao recomendar que non se fume para "ter os pulmóns sans e poder soprar". "Para soprar hai que ter peito, pero a primeira lección, bromas á parte, é que che guste e queiras aprender", sentenciou.