OURENSE, 16 Mar. (EUROPA PRESS) -
O Inorde (Instituto de Desenvolvemento Económico), dependente da Deputación Provincial de Ourense, e o Campus de Ourense (Universidade de Vigo) publicaron a guía "Roteiros Culturais por Ourense", que inclúe dez rutas de senderismo pola provincia en tres formatos; un libro, unha carpeta con mapas individualizados de cada ruta e as propias rutas dixitalizadas para que poidan descargarse e sexan utilizadas nun GPS.
A obre foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa que tivo lugar na sala de xuntas da Deputación Provincial de Ourense. No acto participaron os directores da guía, José García Calvo e Beatriz Vaquero Díaz; ademais do presidente do Inorde, José Manuel Freire; o xerente do organismo, José Manuel Rodríguez; e o Vicerrector del Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez.
Das dez rutas de senderismo que inclúe "Roteiros Culturais por Ourense", cinco delas son orixinais (Canón do Sil, Montederramo, Pena Corneira, Ribeiro-San Clodio e Xurés), xa que contan con "sinalización e balizado" mentres que as outras cinco non están sinalizadas e corresponden a Santa Mariña de Augas Santas, As Termas, Ribeira Sacra, San Pedro de Rocas e Mosteiro de Oseira.
Na súa intervención, os directores da guía destacaron o "traballo de equipo e de campo" realizado "de principio a fin" para a elaboración da publicación, que comezou en outubro de 2006.
A lonxitude das rutas oscila entre "os 17 e os 26 quilómetros", explicaron os responsables da publicación. Neste sentido, José García Calvo salientou que en cada unha delas se fai unha descrición das súas características "históricas, artísticas e naturais" dos "monumentos máis importantes" e "conxuntos patrimoniais" situados nesta. Destacou que Ourense é a provincia "con máis sendeiros, camiños e corredoiras de Galicia".
DESEÑO
O deseño presentado esta mañá contés tres formatos destinados a facer máis "doado" que os oriundos e visitantes "decidan facer as rutas". Así, Beatriz Vaquero explicou que "para facilitar o manexo da guía" o material se presenta "en tres formatos".
Por unha parte, editouse un libro que contén as rutas "e os estudios dos monumentos visitados ademais dunha carpeta "cos mapas individualizados de cada ruta e fotos dos cruzamentos con maior dificultade", ademais dunha versión das rutas en formato dixital que poden ser utilizadas nun GPS e que poderán descargarse nas páxinas webs de vicerrectoría de Campus de Ourense e de Padroado de Turismo de Inorde.
ÚNICA
José García Calvo destacou que se trata dunha guía "única" en Galicia "porque non hai ningunha que se fixera con estas características" con "estes procedementos informáticos" e que dispoña dunha versión para GPS. Así mesmo, sinalou que non existe "ningunha guía que inclúa estas dez rutas".
Sobre o formato da publicación e a dixitalización das rutas, García Calvo manifestou que unha cidadán "de Guadalajara, Cunca, Oslo ou América""se chega a Ourense tendo a guía que ten diante, chega aos sitios". "O GPS é internacional e se non o ten, os mapas teñen a característica de que nos puntos conflitivos existen fotografías" que axudan a tomar o camiño desexado nos "puntos de cruces complicados", aseveró.
Apuntou, ademais, que as dez aplicacións achegan nunha primeira visión "a ruta, os teléfonos de interese, o que é necesario levar, os sinais e, a maiores, o perfil e desenvolvemento do itinerario e unha táboa de estiramentos para rematar a ruta". "Hai guías magníficas pero aquí reunimos historia, sendeiros descubertos e ensinar ao cidadán que, aparte de andar, hai que coñecer, observar e estirar", subliñou o co director da obra.