SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Ago. (EUROPA PRESS) -
Un total de 97 de parques empresariais galegos beneficiaranse dos máis de 500.000 euros que a Consellería de Innovación e Industria destinará a financiar a posta en marcha nestes de formación en novas tecnoloxías --factura electrónica, DNI dixital, comercio electrónico e software libre para pemes--.
Segundo informou hoxe a Xunta, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará un convenio de colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) para a posta en marcha dun plan de formación en novas tecnoloxías dirixido ás empresas de Galicia.
O convenio enmárcase no Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e no Plan Avanza. Innovación achegará o 100% do presuposto preciso para o desenvolvemento destas actuacións, que ascende a un total de 509.362 euros. A posta en marcha dun plan de formación en novas tecnoloxías para 97 os parques empresariais de Galicia centrarase na factura electrónica, o DNI dixital e o comercio electrónico.
Innovación aposta por impulsar a factura electrónica entre as empresas galegas polas súas "vantaxes" no aforro de custos, de envío e tramitación e porque contribúe a facer os cobramentos e pagamentos máis fluídos. Ademais, resaltou as "importantes melloras" que leva consigo o DNI dixital tanto para os cidadáns en xeral como para o sector empresarial pola multitude de servizos que ofrece.
SEGURIDADE
Por iso, o departamento autonómico analiza que as vantaxes do DNI electrónico e da factura dixital se ven reflectidas no auxe do comercio electrónico e no aumento da seguridade das transaccións a través de internet.
Por último, o plan tamén inclúe actuacións formativas en comercio electrónico, unha modalidade que incrementa a súa presenza na sociedade á medida que as novas tecnoloxías se ven cada vez máis inmersas na actividade cotiá dos cidadáns.
Innovación avanzou, así mesmo, que todas as accións de formación para o desenvolvemento do citado convenio disporán dun módulo no que se recollerán as vantaxes que ofrece para as pemes o emprego de software libre. Ademais, debido a que o proxecto formativo abrangue a todos os parques empresariais galegos, as accións formativas dividiranse en zonas de actuación para facilitar o acceso a calquera dos cursos que se desenvolvan nas localidades próximas á súa localización xeográfica.