Sogama ensaia o rendemento dunha pila de combustible tipo SOFC no vertedoiro controlado de Cerceda

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 28 octubre 2008 18:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

O vertedoiro controlado de Sogama en Cerceda (A Coruña) acolle dende hai días a instalación dunha pila de combustible tipo SOFC, é dicir, de óxido sólido, para ensaiar o seu rendemento dende o punto de vista enerxético, ambiental e económico.

Esta actuación forma parte dun proxecto europeo de innovación tecnolóxica ambiental, que conta cun presuposto de 2 millóns de euros e un cofinanciamento do programa europeo Life-Medio Ambiente do 30 por cento.

O obxectivo é demostrar os beneficios que pode proporcionar un sistema de coxeración con pilas de combustible, utilizando como fonte de enerxía primase o biogás procedente dos residuos orgánicos, ao tempo que se testa o deseño de filtros específicos para a súa purificación e limpeza.

Esta iniciativa, que arrancou hai dous anos, aínda permanecerá en vigor ata marzo de 2009, e inclúe o deseño e demostración do funcionamento de dúas pilas de combustible cunha potencia de 5 quilovatios cada unha.

Así, mentres unha foi colocada de forma permanente nunha planta de xestión dos zurros porcinos en Soria, a outra, de carácter móbil, será ensaiada en vertedoiros con calidades de gas diferente (xa foi experimentada en Cataluña) para probar a eficiencia e durabilidade nos distintos casos.

Agora tócalle a quenda ao depósito de controlado de residuos urbanos en Cerceda, onde a pila permanecerá en torno a cinco meses, período no que os responsables do departamento técnico de Sogama, e máis concretamente da área de I+D+i, estudarán e seguirán moi preto o seu funcionamento, apoiados e asesorados por persoal do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Contenido patrocinado