A USC e Traballo impulsan a investigación liderada por mulleres e da área de humanidades

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 17 noviembre 2008 15:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Nov. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, asinaron hoxe dous convenios de colaboración, dotados con 150.000 euros, para apoiar os grupos de investigación liderados por mulleres (Woman Emprende) e os que estuden asuntos da área de humanidades (Social Emprende).

Varela destacou a necesidade de apoiar proxectos emprendedores dentro non só das disciplinas máis técnicas, senón tamén nas ciencias sociais e as humanidades. Con estes grupos de investigación preténdese avanzar en innovación e chegar a fundar empresas de base tecnolóxica que contribúan á "creación de valor engadido e emprego estable e de calidade".

O titular de Traballo sinalou que "se critica" a ausencia de coordinación entre as universidades e o mercado laboral para a orientación da formación cara ás necesidades das empresas e "se trata de que iso non sexa así". Agregou que a consellería se implica "de forma intensa" cos centros de formación universitaria porque é "plenamente consciente" de que son "a factoría" da que saen os futuros profesionais.

Pola súa banda, Barro subliñou que unha das preocupacións da USC neste ámbito é que a actividade emprendedora se leve a cabo de forma "responsable" e que "non só" se cree riqueza, senón que se traballe en favor do emprego de persoal "altamente cualificado" e das mulleres.

Así mesmo, insistiu en que, se ben hai "unha preponderancia" das carreiras técnicas e de ciencias experimentais no campo das actividades emprendedoras e a innovación, "non "hai que desatender" ás humanidades e as ciencias sociais.

Contenido patrocinado