A Xunta abre o prazo de propostas de actividades para a Semana da Ciencia 2007

Actualizado: miércoles, 1 agosto 2007 16:08

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

A sétima Semana da Ciencia abre o prazo para acoller propostas de actividades relacionadas con calquera aspecto relacionado coas materias experimentais e co obxectivo de "involucrar" a poboación na ciencia e a tecnoloxía, "provocar a curiosidade" e "divertir" a un público o "máis amplo posible".

Segundo deu a coñecer hoxe a Consellería de Innovación a través dun comunicado, a Semana da Ciencia, enmarcada no Programa de Sensibilización Social de I+D+i (INCITE), terá lugar en toda Galicia a semana do 5 ao 18 de novembro.

As actividades desenvolvidas no seo da Semana dependen das propostas cidadás. Para iso, os interesados, deberán realizar un rexistro online na páxina web do Ano da Ciencia www.ciencia2007.es. O concurso está aberto a todo tipo de axentes, dende asociacións de cidadáns e ONGs, ata centros de investigación, administracións públicas, hospitais, fundacións, empresas, museos, universidades, fundacións, etc.

Así mesmo, as iniciativas deben axustarse ás seguintes modalidades: 'café científico', 'visita guiada', 'obradoiro', excursión' e 'ciclo de cinema e teatro científico', aínda que tamén se aceptarán novos formatos, sempre que cumpran cos obxectivos da Semana.

Por último, co fin de ofrecer unha "programación de calidade", a propia Consellería seleccionará as actividades máis interesantes para configurar ao programación das actividades en novembro.