SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Jul. (EUROPA PRESS) -
A directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, destacou hoxe que a utilización das TIC se "debe entender como un medio de educación e socialización" e animou aos profesores a que "perdan o medo" ás novas tecnoloxías da Información e adáptenas aos seus programas educativos.
Na presentación da 'Revista Galega de Educación' que este ano se centra na competencia dixital e ferramentas TIC, Rodríguez manifestou que esta publicación "debe ser un recurso que estea a disposición do profesorado para que perda o medo a aplicar as TIC e para proporcionarlles elementos que complementen a práctica docente". Así, asegurou que este programa se "debe adaptar as necesidades educativas do profesorado".
A revista presenta este ano unha sección de monográficos sobre a formación tecnolóxica e experiencia de profesores e profesionais nas TIC, as súas experiencias e recursos. O obxectivo é que que "os docentes poidan elaborar novos programas educativos en nos apliquen estas tecnoloxías".
Helena Veiguela, analizou o proceso de introdución das TIC nos centros educativos, dende o ano 1983, cando se produciu a explosión de conciencia de implantación de tecnoloxías en centros que contaban con equipos con 4 k de memoria RAM; ata a explosión no ano 2000 de internet con plataformas de comunicación e socialización para os centros educativos.
DESENVOLVER MÁIS ACTIVIDADES
Veiguela destacou que os avances das tecnoloxías "brindan poder traballar e desenvolver moitas máis actividades de educación", por medio da implantación de novas metodoloxías, estratexias educativas, novos materiais como os libro multimedia ou a aplicación de programas informáticos en galego.
No acto de presentación tamén participaron o director da publicación, Xesús Rodríguez e o Coordinador do Monográfico, Xoán Carlos Albarellos. Na súa intervención, Albarellos, afirmou que a revista ten dúas liñas de traballo, a primeira é a "práctica docente dos profesores" e a segunda, "o traballo das empresas". Ademais destacou que a nova LOE, conta cun punto dedicado á "aplicación das tecnoloxías dixitais na educación".