A Xunta destina 7 millóns á dotación de unidades de I+D e actuacións "innovadoras" en empresas galegas

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 25 junio 2009 23:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA 25 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Goberno galego autorizou hoxe unha inversión de case 7 millóns de euros para a dotación de unidades de I+D e outras actuacións "innovadoras" en empresas galegas. Así o anunciou hoxe o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo.

En concreto, a Xunta inverterá 5,25 millóns de euros para a creación de unidades de investigación e desenvolvemento nas empresas galegas. Así mesmo, con esta partida subvencionaranse os investimentos que permitan a diversificación con produtos "novos ou mellorados" ou que supoñan "unha transformación fundamental" no proceso global de produción.

Os beneficiarios destas subvencións son as empresas galegas, en dúas modalidades, en función do tipo de empresa solicitante: Innovapeme (pequenas e medianas empresas) e Innovamais (grandes compañías".

A esta cantidade súmanse os 1,7 millóns que o Goberno galego destinará a financiar accións que "sensibilicen" sobre a "importancia" da xestión de innovación ou que supoñan a implantación de sistemáticas para o "aproveitamento" dos recursos de innovación.

Esta segunda convocatoria encádrase no marco do programa de innovación empresarial do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (Incite) e está cofinanciada con fondos Feder.

ANTICIPACIÓN DAS AXUDAS

Núñez Feijóo resaltou a "aposta" do Goberno galego pola "innovación" e cifrou en 41 millóns de euros a contía "liberada" polo seu Executivo para accións de investigación básica e aplicada no último mes.

Ademais, explicou que as dúas convocatorias autorizadas hoxe manteñen a "excepcionalidad" da concesión de anticipos destas axudas de ata o 80 por cento sen necesidade de presentar un aval a favor da Xunta.

Contenido patrocinado