A Xunta fomentará o Programa de Cidadanía Dixital e a difusión do DNI electrónico en Galicia

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 18 julio 2007 19:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación e o Ministerio de Industria engadirán mañá ao convenio de colaboración do 'Plan Avanza' dúas addendas que se corresponden cos programas de Difusión do DNI electrónico e o Programa de Cidadanía Dixital.

O obxectivo destas iniciativas é, por unha parte, impulsar o uso de carné dixital como instrumento para a incorporación de toda a sociedade ás novas tecnoloxías da información e comunicación e, por outra, o fomento da chamada "cidadanía dixital".

A Xunta considera que a creación do novo formato do documento de identidade nacional representa un factor que incrementará a aparición de novas capacidades, emprego e desenvolvemento económico, segundo deu a coñecer a través dun comunicado aos medios.

O Goberno galego destinará unha partida de 300.000 euros ao impulso do novo documento e difundirá a súa utilización coa instalación de lectores electrónicos en puntos de información, colocación e oficinas de emprego. Así mesmo, determinará axudas para aqueles proxectos que fomenten o seu uso.

Por outra banda, o programa de Cidadanía Dixital, tamén incorporado ao 'Plan Avanza, ten por obxecto a extensión das tecnoloxías de información e comunicación (TIC) aos fogares galegos. Para iso conta con 1.204.860 euros que se asignarán ao establecemento de Televisión Dixital Terrestre (TDT), a un sistema de control de contidos dixitais de TDT e á extensión de banda ancha ás zonas rurais.

Ademais, este plan recolle outras iniciativas como a creación dun 'contact-centre' para servizos de atención ás persoas con minusvalías, o desenvolvemento de "xornadas tecnolóxicas" nas que se realicen concursos entre centros educativos, a invención dun videoxogo que promova a igualdades entre a poboación infantil e a posta en marcha dun portal web de información xeral.

Contenido patrocinado