A Xunta pon en marcha un proxecto de aproveitamento de biomasa nunha comunidade de montes de Ponteareas

Actualizado: jueves, 14 junio 2007 21:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

Os conselleiros de Innovación e de Medio Rural, Fernando Blanco e Alfredo Suárez Canal, asinaron hoxe un convenio de colaboración con representantes da Asociación Forestal de Galicia e da Comunidade de Montes en Man Común de Xinzo (Ponteareas) para o fomento do aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria neste municipio pontevedrés.

A comunidade de montes recibirá o equipamento e maquinaria forestal necesarios para realizar o aproveitamento mecanizado da biomasa forestal primaria que produce o monte, así como de dúas naves, unha para almacenar e protexer as astilla e outra para a produción de calor e auga quente.

Así mesmo, analizaranse e perfeccionarán os sistemas de recollida e transporte da biomasa, avaliaranse os rendementos e os custos reais dos equipos e maquinaria dedicados a este fin, analizarase o sistema de combustión e de alimentación e, por último, difundirase o sistema entre expertos, outras comunidades e silvicultores galegos.

En total, a inversión do proxecto será de 265.859 euros, que achegarán entre a Xunta e a comunidade de montes. A Asociación Forestal de Galicia asume os gastos de asistencia á comunidade de montes durante a execución do proxecto, o seguimento e avaliación do funcionamento e a difusión do modelo.