A Xunta e Xerencia do Sector Naval inverterá 1,2 millóns de euros en formación

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 18 diciembre 2007 16:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Dic. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, anunciou hoxe un novo convenio de cofinanciamento coa Xerencia do Sector Naval, organismo que xestiona os recursos do Fondo Social Europeo, por valor de 1,2 millóns de euros e que irá destinado a impulsar a formación de man de obra cualificada neste ámbito.

Blanco, que acudiu hoxe á presentación dos itinerarios formativos deseñados por varias asociacións do sector, recordou a aposta do seu departamento polo naval, ao tempo que garantiu que manterá o seu apoio, tanto en prexubilacions coma en medidas de calidade industrial, a un sector ao que, segundo vaticinou quédalle un longo percorrido".

Nesta liña, o titular de Innovación tamén asegurou a reedición, en 2008, de convenios coa patronal galega do metal, Asime para convocar bolsas de formación de aprendices e técnicos de especializados no naval.

Así mesmo, Blanco lembrou que, hai dous meses, a consellería destinou 800.000 euros para o Fondo Patrimonial de Garantías de Pymar, un instrumento que ten o obxectivo de afianzar os contratos que asinan os pequenos e medianos estaleiros.

Contenido patrocinado