Altercados na Coruña nas protestas por "a represión policial" nos disturbios após o acto de Abascal

Sobre 2.000 persoas maniféstanse contra a represión policial sufrida nos últimos días, a 21 de outubro de 2026, na Coruña
M. Dylan - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 21 octubre 2026 22:10

   A CORUÑA, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

   As protestas convocadas na tarde deste mércores na Coruña en contra da "represión policial" durante os disturbios rexistrados este mediodía en protesta por un acto do líder de Vox, Santiago Abascal, concluíron tamén con altercados entre un grupo dunhas ducias de persoas e axentes policiais, que volveron cargar contra algúns manifestantes.

   Cando xa a maioría das ao redor de 2.000 persoas que apoiaron as protestas marcharan, sobre as 21.15 horas, só continuaban na zona dos Cantóns coruñeses sobre un centenar de manifestantes. A Policía empezou a disolver aos que quedaban usando porras e entre o lanzamento de petardos e insultos contra as actuacións policiais.

   O grupo de manifestantes empezou entón a correr e algúns dos que conseguiron librarse de ser inmobilizados no chan tombaron contenedores e queimaron algún. Ademais, utilizaron valos de obra que había na zona do Obelisco para facer unha especie de barricada, que obstaculizaba o paso dos vehículos policiais.

   As protestas baixo a lema "contra a represión policial" e "contra o fascismo" foron convocadas despois de que os disturbios de mediodía ao concluír o acto de Vox deixasen varios feridos, entre manifestantes e policías. Así, colectivos nacionalistas --BNG, CIG, Galiza Nova e Erguer-- convocaran unha concentración ás 19.30 horas ante a Subdelegación do Goberno na Coruña, e ás 20.00 horas, alí mesmo, fixera un chamamento o grupo ultra Riazor Blues.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado