Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este luns un concerto no Paraninfo da USC

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este luns un concerto no Paraninfo da USC
ESCUELA DE ALTOS ESTUDIOS MUSICALES - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 31 mayo 2019 19:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA 31 May. (EUROPA PRESS) -

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) puxo en marcha a iniciativa 'A Escola na Cidade', un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro, polo que este luns ofrecerán un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Así, como colofón aos seus estudos, os mozos músicos protagonizarán varias actuacións nos próximos días, que terán lugar na devandita localización, situada na facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas até completar aforamento.

A primeira destas actuacións será este luns, día 3 de xuño, ás 20,30 horas. Abrirá o concerto o percusionista Gonzalo Zandundo, que interpretará as obras de Bach 'Variación Goldberg n 21' e un fragmento do seu 'Suite para laúde', seguidas de 'Asventuras' do compositor alemán Alexej Gerassimez e 'Attraction', do francés Emmanuel Séjourné.

Tamén tocará o oboísta Martín Alves, que interpretará o 'Concerto para oboe RV 447' de Antonio Vivaldi e 'Omaggio a Bellini' de Antonio Pasculli, unha homenaxe ao destacado compositor do 'bel canto' italiano.

Pola súa banda, a pianista Haruna Takebe acompañará ao último solista da noite. Trátase de Rodrigo Iglesias, que tocará parte do 'Concerto para trompeta' de Stlzel e o 'Concerto para trompeta' de Haydn.

Esta iniciativa continuará os días 10, 11 e 12 de xuño con novos concertos dos alumnos da EAEM, tamén no Paraninfo da USC.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado