As bibliotecas públicas da Xunta prestaron 700.000 libros en 2021, un 30% máis que en 2020

Archivo - Arquivo - Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL - Archivo
Publicado: martes, 11 enero 2022 15:26

'Naruto', unha das obras máis prestadas en todas os centros

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Ene. (EUROPA PRESS) -

As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta realizaron máis de 700.000 préstamos ao longo de 2021, o que supón un incremento do 30 por cento con respecto ao ano anterior. Este martes, 11 de xaneiro, é o Día das usuarias das bibliotecas, nomearanse socios de honra entre as persoas do público adulto e infantil que levasen máis materiais nos últimos 12 meses e, con este recoñecemento, poderán incrementar o número de préstamos este ano.

Ademais, con motivo desta conmemoración recollida no Calendario do libro e da lectura de Galicia, realizaranse visitas guiadas en diferentes centros, así como préstamos a cegas, sorteos e outras actividades.

En conxunto, en toda a Rede de bibliotecas de Galicia, formada por máis de 300 centros bibliotecarios públicos existentes no territorio galego, o número de préstamos en 2021 superou os 1,3 millóns.

A eles, hai que engadir os da plataforma de préstamo de libros electrónicos Galicia Le, con máis de 113.000, que consolidan o incremento que está a vivir nestes últimos anos o consumo deste tipo de libros nas bibliotecas, tal e como destaca a Xunta.

De feito, explica, é unha cifra que duplica os datos rexistrados en 2019, antes da pandemia, cando se prestsaron 56.000.

BIBLIOTECA PÚBLICA DE A CORUÑA

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcé rexistrou 126.815 préstamos, fronte aos 107.016 do ano anterior, o que supón un incremento do 18 por cento. O título máis demandado en castelán foi 'Naruto', de Mashashi Kishimoto, con máis de 800 solicitudes, seguido lonxe de 'Inu-Yasha', de Rumiko Takahashi, con 159. Foron tamén os títulos protagonistas no público infantil e xuvenil.

No colectivo de máis de 14 anos, encabeza a lista 'Takehiko Inoue', con 75 préstamos, e 'The boys', de Garth Ennis, con 56.

En literatura galega, o máis prestado 'Leo con Bubela', de Colectivo Bubela, con 55 exemplares, e 'O que sei do silencio', de Andrea Maceiras, con 27.

BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

A Biblioteca Pública de Lugo incrementou en máis dun 30 por cento os préstamos, sumando 105.932, fronte aos 80.206 de 2020. Nos volumes, repítese o cómic 'One piece', de Eiichiro Oda, con 695 solicitudes, seguido de 'Naruto', con 682. Ambos encabezan a listaxe en castelán e en público infantil e xuvenil.

Os libros máis prestados para maiores de 14 anos tamén están encabezados por autores xaponeses: Hajime Isayana, con 'Ataque aos titáns', e Sui Ishida, con 'Tokyo ghoul'. Pola súa banda, 'Os nenos da varíola' de María Solar foi o libro máis prestado en lingua galega, con 33 demandas, seguido de 'O último barco', de Domingo Villar, con 27.

BIBLIOTECA NÓS DE OURENSE

Pola súa banda, a Biblioteca Nós de Ourense contabilizou 88.316, un 33,5 por cento máis, fronte 66.110 de 2020. O cómic encabeza as súas listas de volumes máis prestados en castelán e para o público infantil e xuvenil: 'Todo Mortadelo y Filemón', do autor español Francisco Ibáñez, con 314 solicitudes, seguido de 'Súper Pataca', de Laperla, con 136.

O público maior de 14 anos demandou 'Elfos', con 70 peticións, e 'Historia da Filosofía', de Frederick Charles Copleston, con 55.

En lingua galega, os máis solicitados foron 'Bo Camiño, Valentino!', de Gracia Iglesias, con 41 préstamos, e 'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza', de Werner Holzwarth, con 33.

BIBLIOTECA PÚBLICA ANTONIO ODRIOZOLA DE PONTEVEDRA

A Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra rexistrou 78.506 en 2021, fronte aos 59.397 en 2020, un incremento do 32,17%. Repítese 'Naruto', con 664 peticións como máis prestado, seguido de 'My hero academia', de Kohei Horikoshi, con 247, tanto en castelán, como en infantil e xuvenil.

Entre os maiores de 14 anos, os máis demandos foron 'La fundación', de Antonio Buero Vallejo, con 40 solicitudes, e 'Crónica de una muerte anunciada', de Gabriel García Márquez, con 38. En galego, o exemplar que sumou máis préstamos foi 'O sol do verán', de Carlos Casares, con 35, seguido de 'Leo con Bubela', con 23.

BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL DE SANTIAGO

En Santiago de Compostela, a biblioteca Ánxel Casal prestou o ano pasado 130.494 volumes, fronte aos 98.384 de 2020, un incremento superior ao 32%. De novo, 'Naturo' ocupa a primeira posición en libros máis prestados e en castelán e público infantil e xuvenil, con 1.095 solicitudes, seguido, ao igual que en Pontevedra, de 'My hero academia'.

Para o colectivo de maiores de 14 anos, 'Buda', de Osamu Tezuka, con 76 peticións e '20th Century Boys', de Naoki Urasawa. En galego, a Biblioteca básica 'Os Bolechas', de Pepe Carreiro, sumou 60 préstamos e Os Bolechas, do mesmo autor, 42.

BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL, DE VIGO

Finalmente, a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo obtivo un crecemento de préstamos do 32 por cento, con 176.596 accións, fronte ás 133.357 de 2020.

'Naruto' encabeza, de novo, a listaxe de títulos máis prestados, con 1.339, seguido de 'Os pitufos', de Peyo, con 504.

No caso dos maiores de 14 anos, os cómics xaponeses vólvense a situar á cabeza, con 'Maximum Berserk' de Kentaro Miura, e 'One Piece'. En lingua galega, o máis levado foi 'Un lume azul', de Pedro Feijoo Barreiro, con 51 préstamos, e 'Os nenos da varíola', con 48.