Banco Mediolanum aumenta un 20% o seu patrimonio en Galicia e Asturias en 2025

Ivonne Pousa
BANCO MEDIOLANUM
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 25 febrero 2026 11:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA 25 Feb. (EUROPA PRESS) -

Banco Mediolanum pechou 2025 cun crecemento do 19,6% en recursos totais de clientes na Zona Noroeste (Galicia e Asturias), até os 1.335,9 millóns de euros, informa este mércores nun comunicado.

A base de clientes na zona creceu un 12,4%, alcanzando as 26.738 persoas, e a rede de 'Family Bankers' (asesores financeiros persoais da entidade) creceu un 4,1%, até os 153 profesionais.

A responsable de Banco Mediolanum na Zona Noroeste, Ivonne Pousa, constatou un crecemento exponencial e engadiu que as cifras confirman "a fortaleza dun modelo baseado no asesoramento personalizado".

EN TODA ESPAÑA

En España obtivo 40,6 millóns de beneficio, en liña con 2024; ingresos de 276 millóns (+16,3%), sobre todo polo aumento do asesoramento en fondos de investimento e seguros de vida-aforro; tivo marca de entradas netas en activos xestionados, con 1.954 millóns (+35%); os recursos totais de clientes foron de 15.487 millóns (+18,4%) e alcanzáronse os 285.758 clientes (+12,1%), cun nivel de solvencia CET1 do 20,56%.

O banco entregará un premio extraordinario de 2.000 euros a cada axente financeiro e cada empregado, após un ano en que, por sétima vez consecutiva, foi a entidade cos clientes máis satisfeitos da banca española, segundo a consultora independente Stiga.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado