CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS
LUGO, 30 Abr. (EUROPA PRESS) -
O pleno ordinario do Concello de Lugo foi suspendido durante uns minutos na tarde deste xoves polo alcalde, Miguel Fernández (PSOE), ante os berros do público asistente de "traidora" e "sinvergüenza" á edil tránsfuga, a exsocialista María Reigosa, despois de que avanzase o seu apoio á moción de censura que levará á alcaldía ao PP.
O rexedor, que mandou desaloxar ás persoas que gritaban contra Reigosa, tamén chamou á orde en varias ocasións ao popular Antonio Ameijide.
A suspensión produciuse após unha intervención da portavoz do PP, Elena Candia, quen foi interrompida varias veces por ruídos de chifres.
Algún dos asistentes lanzaron moedas entre berros de "carroñeros". "Quérennos silenciosos? Pois non", clamou unha persona do público, onde se podía ler nunha pancarta: 'Xudas vendeuse por 30 moedas'.
A interrupción produciuse pasada media hora e, tendo en conta que a Policía Local desaloxou aos veciños, retomouse a orde do día.
O pleno iniciouse coa toma de posesión de Eugenia Iglesias Vargas como concelleira socialista en substitución da falecida Olga López Rocamonde.
Mentres, centos de persoas protestan no exterior da casa consistorial contra a moción de censura prevista para o vindeiro xoves, 7 de maio.