O BNG aposta por un aluguer sobre a venda para crear un parque público de vivenda "estable e suficiente"

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 29 junio 2025 14:03

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O BNG remarca a súa posta polo aluguer sobre a venda para a creación dun parque público de vivenda "estable e suficiente" para ofrecer aos cidadáns.

   Así o exporán nunha xornada debate, que terá lugar o vindeiro martes, na Casa das Máquinas de Santiago e que contará coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e da que foi conselleria de Vivenda e Solo entre 2005 e 2009, Teresa Táboas.

    Tamén haberá expertos universitarios, xestores de cooperativas, responsables de entidades que traballan a favor da integración social e responsables políticos do BNG.

    Neste sentido, a deputada do BNG Alexandra Fernández sinala que "existe un consenso social" en que actualmente hai unha das "maiores crises" de acceso á vivenda, convertida no "maior mecanismo de desigualdade porque agranda a breche entre as persoas que menos teñen e os que si teñen ese patrimonio".

    "Nunca tanta vivenda construíuse e nunca tan difícil foi acceder a unha vivenda", remarcou Fernández. Neste sentido, detallou que, o motivo da xornada é "arroxar luz sobre esta crise" e achegar propostas e solucións.

    "O goberno alternativo do BNG ten claro que a vivenda é unha prioridade porque é un ben esencial ao que actualmente non poden acceder miles de galegos após unha escalada do prezo do aluguer sen que o goberno do PP achegase solucións efectivas", criticou.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado