SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Sep. (EUROPA PRESS) -
O BNG levará ao debate do estado da autonomía, a semana que vén no Parlamento galego, a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do tren Alvia rexistrado fai catro anos no barrio de Angrois (Santiago).
Anúnciao a través dunha nota de prensa na que valora que o Congreso dese luz verde á comisión este xoves, pero cualifica de "vergoña democrática" o "veto" de PP e PSOE a que sexa investigado pola Cámara autonómica, na comunidade na que se produciu a traxedia.
Advirte o Bloque de que "non renuncia" a esta demanda e adianta que no debate sobre o estado da autonomía vai presentar unha emenda específica solicitando, unha vez máis, a constitución dunha comisión de investigación no Pazo do Hórreo.
A maiores, reivindica o papel "decisivo" que tivo a súa actuación ante as autoridades comunitarias (Comisión Europea e Eurocámara), ao acompañar á asociación de vítimas "en todo momento".