O BNG tacha de "insultante, bochornoso e provocador" que a Xunta propoña converter en "icona" a cheminea de Altri

Acusa á Xunta de incorrer en "fraude de lei" por tramitar unha DIA que "só afecta á primeira fase do proxecto" e pide a dimisión da directora xeral Patrimonio Cultural

O viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Luís Bará.
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 2 mayo 2025 14:56

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 May. (EUROPA PRESS) -

   O viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Luís Bará, cualificou como "absolutamente insultante, bochornoso e provocador" que a Xunta propoña converter a cheminea de 75 metros de Altri en "unha icona".

    Así figura no informe de Patrimonio Cultural, un dos máis de 30 nos que se basea a declaración de impacto ambiental á que deu luz verde a Xunta, no que informa favorablemente este proxecto en Palas de Rei (Lugo).

    O documento recolle que, a cheminea coa súa cor --fixa tons como o verde, marrón ou gris que "se mimeticen coa contorna"--, a súa forma e a través de "incorporar elementos decorativos ou artísticos que a convertan nun elemento icónico en lugar dunha intrusión visual".

    Luís Bará fixo, este venres en rolda de prensa, unha valoración da documentación que recibiu o BNG en relación coa DIA deste proxecto e denunciou que está "incompleta" porque a Xunta "non lle entregou" dous informes de saúde pública. Con todo, o BNG tivo acceso a eles a través doutras vías, segundo afirmou Bará.

    Luís Bará pediu "responsabilidades" e a dimisión ou o cesamento inmediato da directora xeral Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, por asinar ese documento e por "contemplar ese tipo de propostas".

    Así mesmo, que o documento sexa rúbricado por unha directora xeral ao BNG chámalle " a atención" e Bará preguntouse se "non había ningún técnico que estivese disposto a asinar ese documento, xa que iso non pasa nos demais informes".

    En referencia ao impacto visual, denunciou que o "tenten camuflar" cunha "pantalla de árbores" que tardarán 15 anos en alcanzar os 15 metros e hai caldeiras que "miden 60 metros".

"FRAUDE DE LEI"

    O BNG tamén acusou ao Executivo autonómico de incorrer en "fraude de lei" por tramitar o proxecto da multinacional lusa cunha DIA que "só afecta" á primeira parte.

    Neste contexto, lembrou que, nunha primeira fase, Altri prevé a produción de 250.000 toneladas de pastaa de celulosa e 60.000 lyocell, pero na segunda serían 400.000 e 200.000 respectivamente, así como a avaliación "só contempla" a ocuación de 120 hectáreas, cando "é evidente que pode ser máis do dobre".

    Bará lamentou, entre outros puntos, que "non se avalíe" nesa fase de tramitación a liña de alta tensión e a subestación eléctica que sería necesaria construír e que "estaría na contorna de protección do Camiño de Santiago".

INFORMES DE SAÚDE PÚBLICA

   En canto aos dous informes de saúde pública, que a Xunta "non remitiu" ao BNG, Luís Bará alertou de "un intento deliverado de ocultación deses informes" e cre que un dos documentos "foi modificado" o día que se fixo pública a DIA porque "tiña expresións incómodas", que "podían ser comprometedoras".

   "Estes feitos profundan nunha bóla de neve de irregularidades e ilegalidades que o que fan é que aumeten as sombras e as sopechas respecto da tramitación, por parte da Xunta, deste proxecto", sentenciou.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado