SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -
O candidato de Marea Galeguista á presidencia da Xunta, Pancho Casal, ha inciado o debate diferenciando a súa candidatura da opción que representa o presidente galego, Ablerto Núñez Feijóo, e "o tripartito de Sánchez" en alusión a PSdeG, BNG e Galicia En Común --na que se integra Unidas Podemos--.
No primeiro minuto co que cada candidato abriu o debate, Casal --segundo en intervir-- sinalou que nestas eleccións autonómicas do 12 de xullo existen "tres opcións": "votar a Feijóo, ao tripartito do señor (Pedro) Sánchez ou votar a Marea Galeguista".
Así, reivindicou a coalición de En Maera, Compromiso por Galicia e Partido Galeguista como a "única" formación en liza neste proceso electoral que "ten as mans non atadas" e toma as súas decisións "desde Galicia".
Casal referiuse á súa condición como deputado de En Marea no últimos catro anos como presentación, unha Cámara que, di, o PP "amordazou para non atender os problemas" dos galegos.
Tamén se detivo no últimos catro meses, marcados, segundo Casal, por unha "traxedia" do coronavirus que a Xunta, di, "impediu" abordar desde a deputación permanente, órgano interino do Parlamento galego.
Así as cousas, pediu o voto para Marea Galeguista como opción para abordar "unha nova normalidade xusta e sustentable" que ha de definirse "desde Galicia".